Padroado e Dirección

Blanca García Montenegro

Blanca García Montenegro

Presidenta de Honra

Dona Blanca García Montenegro, viúva de Don Purificación de Cora Paradela, tomou as rendas do diario El Progreso de Lugo en 1993 tras o falecemento do seu esposo.

Baixo a súa presidencia levou a cabo un proceso de expansión coa adquisición de Diario de Pontevedra e a creación de SAR Comunicación, que comprende a Axencia Galega de Noticias (AGN) e a plataforma dixital Galiciaé.

Tras tres décadas á fronte, o Grupo El Progreso non só logrou consolidarse senón que se converteu nunha das principais referencias informativas da comunidade, con sedes en Lugo, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Ademais de presidenta-editora do grupo lucense de comunicación, actualmente é presidenta de honra da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, da que foi a súa máxima responsable desde a súa fundación en 1997 ata o ano 2005.

Padroado

Eduardo Jiménez

Eduardo Jiménez Aguirre

Vicepresidente 1º

Eduardo Jiménez Aguirre naceu en Madrid, a finais do verán do ´70. Creceu en San Sebastián ata os 6 anos, e ata os 16 en Madrid. Tras cinco anos en Buenos Aires, completou os seus estudos de Enxeñeiro de Camiños CyP na Universidade Politécnica de Madrid. En 2011 realizou o programa PDD do IESE .

Exerceu a profesión en Forteventura, cinco anos como responsable do Servizo de Estradas da illa, e oito como Director Técnico de Cororasa (Contratista de obra civil).

Desde 2010 exerce de Director Xeral da empresa mineira Magnesitas de Rubián, en Lugo.

Manuel Lolo

Manuel Lolo Aira

Vicepresidente 2º

Manuel Lolo Aira é membro do Padroado Fundación CEL desde 2020.

Doutor en Química e membro do Consello social da USC, actualmente é o CEO do grupo AMSLAB, composto por sociedades posicionadas como referencia en biotecnoloxía e que tivo o seu nacemento no ano 2007 en Lugo. Así mesmo participa como asesor en diversas sociedades de ámbito científico, onde é unha figura clave en campos como a espectrometría de masas.

José Seijas

José María Seijas López

Tesoureiro

José María Seijas López naceu en Lugo. Iniciou a súa carreira profesional na banca, onde traballou durante 10 anos. Posteriormente converteuse en empresario do sector comercio, rexentando a Perfumería Seylo desde hai máis de 25 anos.

Pronto se implicou no asociacionismo comercial, sendo fundador e presidente da Asociación de Comerciantes da Avenida da Coruña.

No 2001, tras anos nas súas directivas, é elixido como presidente da Federación de Comercio de Lugo e da Federación Galega de Comercio.

Desde esta posición, participa e forma parte de todos os organismos onde se toman decisións que afectan o sector comercial lucense e galego.

A nivel provincial, forma parte da xunta de goberno da CEL e é membro do Padroado da Fundación CEL. Como dirixente da patronal galega, participa na directiva da Confederación Española de Comercio, do Consello de Comercio de CEOE, o comité executivo da CEG e outros organismos.

Zaira Dapena

Zaira Dapena

Vocal

Zaira Dapena é directora territorial de ABANCA na provincia de Lugo desde xullo de 2022.

Licenciada en Ciencias do Traballo e diplomada en Ciencias Empresariais desenvolveu toda a súa traxectoria profesional en ABANCA, entidade da que forma parte desde decembro do ano 2000. Desde entón, a súa responsabilidade profesional ha estado ligada maioritariamente a Lugo, provincia da que procede, desempeñando diferentes tarefas profesionais en diferentes destinos. En 2015 asumiu a dirección de Zona en León provincia retornando como directora de Zona en Lugo no ano 2018.

Carmen Lence

Carmen Lence

Vocal

Diplomada en Administración de Empresas, Bachelor Degree en Administración e Dirección de Empresas e un International MBA, conta cunha dilatada traxectoria profesional dentro e fóra do grupo, traballou en consultoría de negocios familiares e en formación colaborando como profesora nalgunha das escolas de negocio máis prestixiosas do mundo.

Carmen Lence dirixe desde 2019, o Grupo Lence; empresa familiar cun compromiso claro e decidido cos gandeiros e a economía rural.

Actualmente é a única muller á fronte dunha empresa láctea entre o sete máis importantes de España.

Jaime Luis López

Jaime Luis López Vázquez

Vocal

Jaime Luís López Vázquez comeza a súa carreira profesional en 1995 como Avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo. Tras ocupar diferentes cargos técnicos en organizacións de ámbito empresarial ligadas á CEOE, en 2003 é designado Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), cargo que na actualidade continúa desempeñando á vez que segue exercendo como Avogado.

A maiores, é vicepresidente a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ademais de exercer como membro ou asesor de diferentes Consellos de Administración, entre outros cargos en entidades diversas como a Fundación Campus Universitario de Lugo, da que é Presidente, ou a recentemente creada Fundación Agroalimentaria de Galicia, da que é Director Xeneral.

Jesús Méndez

Jesús Méndez

Vocal

É Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduado en márketing financeiro pola Escola Superior de Caixas de Aforro e cursou un MBA da Escola de Negocios de Caixanova.

Ocupou varios cargos de responsabilidade en Caixa Rural Galega ata ser nomeado Director Xeral, debido a que ocupa desde 2008.

Foi Conselleiro de Banco Cooperativo Español e membro do Consello Social da USC.

Actualmente é Conselleiro de Rural Grupo Asegurador e Rural Servizos Informáticos.

Severiano Ónega Ares

Severiano Ónega Ares

Vocal

Severiano Ónega Ares é licenciado en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid e Diplomado en Saúde Pública pola Escola Nacional de Sanidade – Instituto de Saúde Carlos III. Completou a súa formación en xestión empresarial a través dun AMP do IE, un PDD en IESE e un Máster Executive de Innovación e Dixitalización no MIT (Massachusetts Institute of Technology).

Os seus primeiros pasos no mundo profesional deunos como Inspector Veterinario de Sanidade Animal desde o ano 1993. En 1999 converteuse na primeira persoa autorizada pola Xunta de Galicia para a valorización agronómica de residuos orgánicos biodegradables. Ese foi o punto de partida para a creación de Agroamb, un grupo familiar que xurdiu como unha iniciativa de emprego local e que dá traballo a máis de medio centenar de persoas da súa contorna, ás que hai que engadir outras 150 persoas de maneira indirecta en actividades complementarias á agraria. Ademais de prestar servizo a máis de 200 empresas, concellos e institucións, ten un firme compromiso co desenvolvemento sostible seguindo como folla de roteiro a Axenda 2030 e contribuíndo a ela de maneira activa como vogal do Comité Executivo de Pacto Mundial de Nacións Unidas.

Cheché Real

José Francisco Real Castro

Vocal

Toma contacto co sector da hostalería lucense abrindo un negocio de lecer nocturno na capital no ano 1985. Ao pouco tempo, faise cargo do restaurante Mesón de Pallares situado en Guntín- Lugo.

A súa traxectoria dentro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) iníciase a par da súa andaina como hostaleiro, cando ingresa como asociado. Formou parte da xunta directiva, primeiro como vogal e con posterioridade sendo vicepresidente da mesma durante oito anos. Na actualidade ostenta a Presidencia de APEHL, traballando para manter o apoio e colaboración coas administracións, levar a cabo acciones formativas (colaborando con distintas entidades sen ánimo de lucro), facilitar a incorporación dos interesados ao mundo laboral e lanzar as mellores campañas de promoción dos atractivos turísticos e gastronómicos de toda a provincia a través da marca turístico-gastronómica “…E para comer, Lugo”.

En maio de 2021 é elixido presidente da Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia (Hostalería de Galicia).

Conselleiro Delegado Institucional da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e membro do Comité Executivo do Clúster de Turismo de Galicia desde a súa constitución.

Así mesmo, na actualidade forma parte do Comité Executivo de Hostalería de España (CEHE), e do Comité Executivo da Confederación nacional de hoteis e aloxamentos turísticos (CEHAT), membro do Consello de Turismo de Galicia en representación de empresas de restauración e membro do Consello de Turismo da CEOE.

Jesús Zapico

Jesús Zapico Vigo

Vocal

Nacido en Lugo, cursou nesta mesma cidade a carreira de Enxeñería Técnica Agrícola, completando os seus estudos como Enxeñeiro Agrónomo en Lleida, en ambos os casos con orientación á industria Agroalimentaria.

Despois duns anos de traballo como investigador na aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela, incorpórase ao mundo empresarial e tras o paso por diferentes empresas do sector lácteo, no ano 2006 participa na creación de INNOLACT S.L. da que é socio e Conselleiro Delegado.

Desde o ano 2006 pasou por diferentes postos e responsabilidades dentro da empresa, na actualidade é responsable dos investimentos, o mantemento industrial e a sustentabilidade ambiental.

Gonzalo Corredoira Linares

Vocal

En representación da empresa Gadisa Retail, S.L.U.

Jesús Roibás Rodil

Vocal

En representación da empresa Proeste Ingeniería Consultoría y Servicios, S.L.

Ignacio Crecente

Ignacio Crecente

Vocal Rotatorio

Licenciado en Humanidades no Campus de Lugo da Universidade de Santiago, inicia a súa actividade empresarial no seo da Fundación CEL no ano 2003.

Desde o ano 2007, é o administrador de Alenti solucións para eventos, empresa especializada na xestión de espazos culturais e na xestión e organización de eventos.

Leticia Seara Losada

Leticia Seara Losada

Vocal Rotatorio

Estudou licenciatura en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en 2018 cofunda Legalmit, unha empresa de base tecnolóxica centrada na dixitalización de procesos de xestión e comunicación. En 2019 lanza LexDigo, software integral para despachos de avogados e asesorías que conta con clientes en toda España e México da que exerce a función de CEO.

LexDigo recibiu numerosos premios, entre eles a de ser unha das 10 empresas españolas máis innovadoras do sector legal outorgado polo Consello Xeral da Avogacía Española.

Lourdes Pardo

María Lourdes Pardo Rodríguez

Secretaria

María Lourdes Pardo Rodríguez, é membro do Padroado, ostentando o cargo de Secretaria da Fundación desde a súa constitución en 1997.

É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu a súa traxectoria profesional na Confederación de Empresarios de Lugo, como xefa dos seus servizos xurídicos e é avogada ejerciente desde o ano 1987. Á súa vez é profesora titular da Escola de Relacións Laborais de Lugo impartindo desde 1996 as materias de Dereito Tributario e Réxime Fiscal da Empresa.

Equipo Directivo

Luis García Santalla

Luís García Santalla

Presidente FCEL

Luís García Santalla incorporouse ao Padroado da Fundación CEL en xaneiro de 2003 e foi designado Presidente no ano 2008.

É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e PDD polo IESE e ESADE. Iniciou a súa carreira profesional no ano 1990 en Arthur Andersen, onde desempeñou tarefas profesionais en diferentes áreas de auditoría e consultoría. Desenvolveu unha longa traxectoria profesional na empresa Begasa inicialmente como Director Financeiro-Administrativo (1994-2002) e posteriormente como Director Xerente (2002-2022).

É membro do consello de administración da Confederación de Empresarios de Lugo, vogal na Xunta de Goberno da Confederación de Empresarios de Galicia e vicepresidente do Colexio de Economistas de Lugo, entre 2009 e 2020 foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Marián Tallón Veiga

Marián Tallón Veiga

Gerente FCEL

Marián Tallón incorporouse á Fundación no ano 2015 e asumiu as funcións de xerente da entidade no ano 2022.

É Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolvendo principalmente a súa carreira profesional na área de dirección de programas de innovación e emprendemento, contando cun amplo coñecemento na xestión de fondos europeos. Ademais, posúe unha longa traxectoria na tutorización de proxectos emprendedores acompañando a un gran número de promotores na posta en marcha do seu negocio.

Iniciou a súa carreira profesional no ano 1998 no sector da construción nunha construtora de ámbito nacional, para posteriormente incorporarse á Cámara de Comercio de Lugo como responsable do seu Departamento de Proxectos e Creación de empresas ata o ano 2013 e tras o seu paso polo proxecto Dinamízate da Deputación de Lugo da man de PricewaterhouseCoopers, incorpórase ao departamento de proxectos da FCEL.

CONTACTO

Pazo de Feiras e Congresos
El Palomar s/n. 27004, Lugo

Newsletter FCEL

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: FUNDACIÓN CEL INICIATIVAS POR LUGO. Finalidades: Xestión da súa solicitude de información e/ou contacto. Lexitimación: Consentemento do Interesado. Destinatarios: Non se cederán datos salvo obriga legal. Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos.

Hit Enter to search or Esc key to close