Programa Impulsa a túa Idea
Desde 1997, a Fundación CEL, ofrece un apoio e asesoramento integral ás persoas emprendedoras co obxectivo de fomentar a creación e consolidación de novas empresas. Entre outros:
- Análise do proxecto de empresa, modelo de negocio e apoio na elaboración do plan de empresa.
- Asesoramento nos trámites de posta en marcha da nova empresa.
- Apoio na procura de financiamento, subvencións e axudas.
- Incorporación a redes de emprendemento, establecemento de sinerxias, networkings…
Centro de asesoramento cooperativo
Ademais, a FCEL mantén unha especial dedicación no fomento do emprendemento baixo fórmulas de cooperativismo e economía social. Desde 2014, A Fundación forma parte da Rede Eusumo, rede liderada pola Consellería de Emprego e Igualdade dá Xunta de Galicia.
Con ese obxectivo, o Centro de Iniciativas Empresariais de FCEL configúrase como centro de atención permanente a emprendedores da rede para a provincia de Lugo.
Desta forma, préstanse servizos dirixidos principalmente a informar, asesorar e formar en materia de cooperativismo a grupos de emprendedores na posta en marcha ou a cooperativas xa existentes.
Punto de Atención ao Emprendedor
FCEL mantén activo desde 2006 e a través dun convenio co Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, un servizo gratuíto de apoio a emprendedores: o Punto de Atención ao Emprendedor (PAE).
Grazas a este servizo é posible crear unha empresa dun modo moi sinxelo, xa que mediante un procedemento telemático, o emprendedor só ten que ir presencialmente ao PAE e a notaríaa, evitando desprazamentos para facer o resto de trámites necesarios para constituírse formalmente como empresa (empresario individual, sociedade civil, comunidade de bens, sociedade limitada, sociedade limitada nova empresa, emprendedor de responsabilidade limitada, sociedade de responsabilidade limitada laboral, e sociedade cooperativa de traballo asociado) e sen necesidade de utilizar formularios en papel.
En FCEL asesoramos aos emprendedores na xestación e definición do seu proxecto; iniciamos e completamos o trámite administrativo de creación e posta en marcha da empresa a través do Documento Único Electrónico (DUE), que se traslada de maneira telemática a todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Xunta de Galicia, Rexistro Mercantil, Seguridade Social etc.)/ etc.); e proporcionamos asistencia técnica e tutela nas primeiras etapas de actividade empresarial.
O persoal da Fundación CEL encárgase de cumprimentar os seus datos no DUE, sendo o Sistema de Tramitación Telemática do Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (STT-CIRCE) o que realizará entre outras e segundo o tipo de empresa a constituír as seguintes xestións:
- Reserva da Denominación Social
- Reserva de cita co notario
- Solicitude do CIF provisional
- Presentación da Declaración Censual de Inicio de Actividade
- Liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP/AJD)
- Inscrición no Rexistro público correspondente
- Trámites coa Tesourería Xeral da Seguridade Social
- Comunicación de apertura de centro de traballo ante a autoridade laboral
- Solicitude do CIF definitivo; etc.
Opcionalmente, tamén se poderán realizar outros trámites como a inclusión de ficheiros de datos con información persoal na Axencia de Protección de Datos e a reserva de dominio da internet.
Se queres emprender baixo esta fórmula de creación de empresa, ou mediante calquera outra de economía social, nós axudámoste!
CONTÁCTANOS
Tes un proxecto en mente e queres facelo realidade?
Fundación CEL
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
El Palomar s/n. 27004 Lugo
+34 982 284 150
info@fundacioncel.org
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
Responsable: FUNDACIÓN CEL INICIATIVAS POR LUGO
Finalidades: Xestión da súa solicitude de información e/o contacto.
Lexitimación: Consentimento do Interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos salvo obrigación legal.
Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos.