Programa de Aceleración Business Factory Aero
Ven a emprender a un sector que despega.
Desde o ano 2018, FCEL é o equipo xestor do programa Business Factory Aero – BFAero, unha aceleradora de carácter vertical xurdida no contexto do programa Civil UAVs Initiative, da Xunta de Galicia, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector aeronáutico.
Que atoparás en BFAero?
Incubación, aceleración e consolidación para o teu proxecto emprendedor.
Incubación
Programa de apoio de 12 meses para proxectos, empresas sen constituír ou de recente creación (sen historial de actividade comparable) que se atopen nun estado intermedio entre a ideación e a validación do modelo de negocio.
Aceleración
Programa de apoio de 8 meses para proxectos que dispoñan dun produto mínimo viable (MVP) ou empresas que realizasen vendas iniciais e contan con capacidade de crecemento, pero que necesitan sistematizar o seu modelo de negocio, conseguir vendas recorrentes e/o penetrar en novos mercados.
Consolidación
Programa de apoio de 4 meses para empresas cunha antigüidade máxima de ata 7 anos, sede social ou centro de traballo en Galicia, produto ou servizo definido, vendas reais, modelo de negocio estruturado e alta capacidade de crecemento ou posibilidade de escalado.