Redes Colaborativas

Punto PAE

Red PAE. Puntos de Atención al Emprendedor

A Fundación CEL mantén activo desde 2006 e a través dun convenio co Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, un servizo gratuíto de apoio a emprendedores: o Punto de Atención ao Emprendedor (PAE). Grazas a este servizo é posible crear unha empresa dun modo moi sinxelo, xa que mediante un procedemento telemático, o emprendedor só ten que ir presencialmente ao PAE e a notaríaa, evitando desprazamentos para facer o resto de trámites necesarios para constituírse formalmente como empresa (empresario individual, sociedade civil, comunidade de bens, sociedade limitada, sociedade limitada nova empresa, emprendedor de responsabilidade limitada, sociedade de responsabilidade limitada laboral, e sociedade cooperativa de traballo asociado) e sen necesidade de utilizar formularios en papel.

Na Fundación CEL asesoramos aos emprendedores na xestación e definición do seu proxecto; iniciamos e completamos o trámite administrativo de creación e posta en marcha da empresa a través do Documento Único Electrónico (DUE), que se traslada de maneira telemática a todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Xunta de Galicia, Rexistro Mercantil, Seguridade Social etc.)/ etc.); e proporcionamos asistencia técnica e tutela nas primeiras etapas de actividade empresarial.

O persoal da Fundación CEL encárgase de cumprimentar os seus datos no DUE, sendo o Sistema de Tramitación Telemática do Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (STT-CIRCE) o que realizará entre outras e segundo o tipo de empresa a constituír as seguintes xestións:

  • Reserva da Denominación Social
  • Reserva de cita co notario
  • Solicitude do CIF provisional
  • Presentación da Declaración Censual de Inicio de Actividade
  • Liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP/AJD)
  • Inscrición no Rexistro público correspondente
  • Trámites coa Tesourería Xeral da Seguridade Social
  • Comunicación de apertura de centro de traballo ante a autoridade laboral
  • Solicitude do CIF definitivo; etc.

Opcionalmente, tamén se poderán realizar outros trámites como a inclusión de ficheiros de datos con información persoal na Axencia de Protección de Datos e a reserva de dominio da internet.

CONTACTO

Pazo de Feiras e Congresos
El Palomar s/n. 27004, Lugo

Newsletter FCEL

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: FUNDACIÓN CEL INICIATIVAS POR LUGO. Finalidades: Xestión da súa solicitude de información e/ou contacto. Lexitimación: Consentemento do Interesado. Destinatarios: Non se cederán datos salvo obriga legal. Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos.

Hit Enter to search or Esc key to close